24/3/17

Miguel Hernández, un canto á vida e á liberdade

A comisión de Cultura do Congreso dos diputados declarou o ano 2017 como "O ano de Miguel Hernández" e por iso se están celebrando diferentes actos para lembrar a súa vida e obra, especialmente nesta semana na que se celebra o Día da Poesía e dado que  o próximo 28 de marzo cúmprese o  75 aniversario da súa morte. 

Para coñecer mellor o legado de Miguel Hernández,dramaturgo que cantou á vida e a liberdade, podemos visitar a web Poemas del Alma ou escoitar algúns dos seus poemas na voz de J.M. Serrat ou de Paco Damas que acaba de reeditar o disco "Tristes guerras"xunto con outros artistas colaboradores.


8/3/17

8 de Marzo, un día para a reflexión

Noticias sobre o Día Internacional da Muller 2017

No noso taboleiro en Pinterest tamén temos unha variada recopilación para lembrar as mulleres que foron deixando pegada na historia

Premer na seguinte imaxe para acceder!


Unha videocreación do IES Politécnico de Vigo, iniciativa das profesoras Carme Adán e Ana Ojea.

9/2/17

Literatura romántica

Se che gusta a literatura romántica, neste taboleiro atoparás  unha boa oferta. Pasa pola nosa biblioteca e verás que xa temos moitos dos libros que aparecen neste taboleiro e se tés interese en algún outro para comprar tamén o podes  pedir!

Taboleiro atopado en Pinterest
Clica na imaxe para acceder!

6/2/17

Visita á exposición "O Principiño arredor do mundo"

O alumnado de 1º de ESO visita a exposición  "O Principiño arredor do mundo"  no CEP Carlos Casares de Alxén (Salvaterra de Miño).


Esta exposición forma parte da colección privada do escritor que, dende principios dos anos 70, comezou a traducir a mencionada obra ao galego para a editorial Galaxia. A súa afección polo libro de Antoine de Saint-Exupéry moveuno a coleccionar O Principiño en todas as linguas do mundo. No momento da súa morte, Carlos Casares tiña na súa colección máis de 100 volumes de distintas edicións de Le petit Prince en linguas xermánicas, eslavas, románicas, escandinavas e mesmo orientais. Ademais de contar coa obra nas linguas da Península Ibérica (galego, portugués, castelán, vasco e catalán) tiña tamén obras en aragonés, asturiano ou estremeño. A colección recolle tamén edicións únicas ou raras de linguas minoritarias, algunhas de mediados dos 70.

Un bo comezo para homenaxear a Carlos Casares, o  autor que fixo a traducción desta obra ao galego e que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.

25/1/17

Lectura teatralizada

Na hora de lectura do segundo trimestre o alumnado estivo desfrutando da lectura teatralizada da obra "O achado do castro" de Manuel Núñez Singala.

O autor lévanos á Roma antiga, mais faino xogando coa lingua obrigando a que os personaxes falen coma nós, con termos de hoxe en día, o que nos leva a situacións moi cómicas dende un "latín" un chisco especial. Como boa historia romana, hai un emperador, que é de todo agás espelido, soldados, filósofos barbudos e sabios, e... unha historia de amor. Humor, situacións inauditas e, sobre todo, unha lectura engaiolante.

Tamén o podes atopar en:


20/1/17

Libros destacados no 2016

Dende Planeta de Libros ofrécennos un amplo listado dos libros destacados do ano que acaba de rematar e tamén  das lecturas do momento en lingua castelá. 
Dá un vistazo e  fai as túas suxerencias de compra á nosa biblioteca!

13/1/17

Xa chegou "O Papagaio"

Na biblioteca xa temos varios exemplares da nova revista en galego "O Papagaio" con interesantes
reportaxes para o debate, propostas ecolóxicas, sección de cómic, recomendacións lectoras...
Pasa pola biblio e compróbao!

16/12/16

Felices lecturas!

Unha vez máis, celebramos con grande éxito o mercado de libros de segunda man "Nadal de libros" , unha oportunidade de levar libros para toda a familia por un prezo simbólico.
Unha boa selección de libros e revistas do expurgo da nosa biblioteca e desta vez contamos tamén cunha chea de libros aportados polo alumnado.
Moitas grazas a todas/os por colaborar! 
Felices lecturas!




14/12/16

Sorteo dunha cesta de Nadal

Se queres entrar no sorteo da nosa cesta de "Nadal de libros",podes conseguir o teu vale na biblioteca ou pásate este venres no recreo polo Mercado de Nadal.
Xa sabes que é unha cesta chea de sorpresas!

2/12/16

Fin de semana no Culturgal en Pontevedra

En 2016 Culturgal Feira das Industrias Culturais celébrase dos días 2 ao 4 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra chegando a súa novena edición. Nesta nova cita do sector cultural galego e nas portas dos dez anos da feira, o lema xirará ao redor da construción comunitaria da cultura do futuro.
O programa completo das actividades pode verse na páxina oficial do Culturgal 2016, unha oportunidade para desfrutar en familia de actividades culturais, libros, música,exposicións...e a un prezo incomparable!
Achegarse a Pontevedra nesta fin de semana pode ser unha boa opción!

23/11/16

Unha data para reflexionar

Esta semana na hora de lectura seleccionamos textos sobre a violencia de xénero,  algunhas viñetas de Mafalda e unha canción de Sés. Todos os grupos pasaron pola biblioteca para ler e reflexionar sobre este tema de cara o Día Internacional contra a violencia de xénero.

22/11/16

Exposición sobre Ciencia na nosa biblioteca

Algúns fondos destacados da nosa biblioteca para novembro, o "Mes da Ciencia en galego".
Seguro que te van inspirar para escribir o teu relato sobre Ciencia...
Aínda estás a tempo!
Aquí están as bases do concurso