28/10/15

Tarxeta-bono Cultura Galega

A Tarxeta-bono Cultura Galega poderá empregarse a partir do sábado 25 en establecementos de toda Galicia

Vai dirixida a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos, e o seu prazo de vixencia remata o 10 de decembro
Cada tarxeta terá un custo de 33 euros, e con ela poderanse adquirir produtos culturais por valor de 50

Trátase dunha iniciativa pioneira e innovadora cuxo obxectivo é promover o consumo cultural galego e en galego entre a mocidade.

A tramitación da tarxeta-bono, así como a xestión das entradas aos espectáculos que con ela se merquen será desenvolvida por Afundación. As instrucións de funcionamento poden consultarse no web www.tarxetabonoculturagalega.gal.





No hay comentarios:

Publicar un comentario